En Compostela do 24 ao 26 de outubro

As 'Jornadas libertarias' da CNT reflexionarán sobre a loita de clases no contexto urbano

Detalle do cartaz das XXVII Jornadas Libertarias [Imaxe: CNT]

A CNT Compostela tratará a loita de clases no contexto urbano nas súas XXVII 'Jornadas Libertarias' .

Comezarán esta quinta feira 24 de outubro coa participación de Alberte de Esteban e Javier del Valle que falarán da loita dos alugueiros, co exemplo dos «Pisiños Baratos». Na sexta feira 25 de outubro, José Mansilla falará sobre as novas formas de apropiación urbana capitalista, as cidades de vacacións. Ambas serán as 19:30h.

Rematarán o sábado con charlas pola mañá, a partir das 11:30h., e tarde nas que falarán Natalia Campos e María Ríos con 'Notas para una mirada integral ao espazo público' e continuará Juan Branc con 'Os chaleques amarelos contra a centralidade da cidade-estado'.

Todos os actos terán lugar nos locais de CNT Compostela na Rúa García Prieto, números 24-28.