Investigan a morte dunha muller atopada morta na súa casa de Compostela

Central de emerxencias do 112 Galiza (Foto: 112).

Unha muller de 52 anos foi localizada sen vida no interior da súa vivenda no barrio compostelán de As Cancelas na tarde da sexta feira.

As forzas de orde buscan nestes momentos determinar se se trata dun caso de morte violenta ou accidental.

A falecida foi atopada no chan da súa vivenda por un familiar que acudiu ao seu enderezo alertado despois de non ter novas dela durante horas.

As pesquisas corren a cargo de axentes da Policía Científica, que solicitaron mostras e probas do lugar dos feitos, co obxectivo de atopar pegadas do accontecido.

Autopsia

Unha vez ordenado o levantamento do cadáver polo xuíz de garda, a morta foi traslada ao Instituto de Medicina Legal da Galiza (Imelga) co obxectivo de realizarlle a autopsia.

As investigacións apuntan como opción máis probábel que se trate dun accidente doméstico aínda que non descartar outras liña de traballo.

As fontes consultadas Nós Diario non fechan ningunha posibilidade sobre as causas da morte e entenden que demasiado pronto para fechar calquera liña de traballo.