Investigan a morte por un disparo dun home en Mesía

Unha imaxe de Medía. (Foto: Concello de Mesía)

Un home faleceu o pasado domingo após recibir un disparo por arma de fogo no municipio de Mesía (comarca de Ordes).

Segundo informa a Garda Civil, os feitos ocorreron sobre as 17.10 horas. Ao lugar acudiu un helicóptero medicalizado tras un aviso ao 112 Galza. Axentes do equipo de criminalística da Garda Civil realizaron unha inspección ocular no lugar dos feitos durante o domingo.

A investigación lévaa o equipo de Policía Xudicial de Santiago. Segundo as fontes consultadas por Europa Press, polo momento están abertas todas as hipóteses. A investigación está baixo secreto de sumario.