Investigan as causas do afundimento dun pesqueiro no porto de Ribeira
01 de marzo de 2025 (17:57 h.)
Un pesqueiro, o 'Illas Cíes', que estaba marrado no porto do municipio de Ribeira (Barnaza) afundiuse na mañá deste sábado e, polo momento, descoñécense as causas do suceso.
Sobre as 07.30 horas deste xornada Salvamento Marítimo recibiu a alerta da radiobaliza do buque, polo que se puxo en contacto co dono da embarcación.
Até o punto desprazáronse medios de Salvamento Marítimo e Gardacostas da Galiza mobilizou a patrulleira 'Mar de Galicia' e a auxiliar do 'Irmáns García Nodal'.