Garda Civil informa da entrega por Portugal de suposto material “para fabricar explosivos” de Resistencia Galega

Material incautado (Foto: Garda Civil)

No día no que principia o xuizo na Audiencia nacional contra 12 independentistas galegos.

“As autoridades xudiciais portuguesas entregan ás súas homólogas españolas efectos pertencentes á organización denominada Resistencia Galega que foran incautados en novembro de 2019”. Así se informa esta segunda feira na conta oficial dos informativos da TVG.

Unha nova que se produce no día en que na Audiencia Nacional española principiaba o xuízo contra 12 independentistas galegos baixo diversas acusacións e para os que se lle solicita entre 4 e 12 anos de prisión. Nas útimas semanas estendéronse os actos e manifestos de solidariedade coas persoas encausadas e chamamentos á súa absolución. 

“O lugar de almacenamento do material localizábase en Coímbra. Alí atoparon Garda Civil e Policía Judiciaria unha "importante cantidade de material e substancias explosivas, así como todos os elementos necesarios para a elaboración dos mencionados artefactos", segundo recolle o comunicado da Benemérita”,indican desde a mencionada conta da TVG.

“Entre o material acharon artefactos de PVC preparados e cargados con pólvora; cartuchos de pólvora prensada; iniciadores listos para o seu uso; mecha de diferentes tipos, así como outros elementos para a elaboración de artefactos explosivos”.

Tamén se incautaron de "útiles para a falsificación de documentos e diversa documentación orgánica do grupo terrorista", sempre segundo a versión do Instituto armado.