Imputan Yolanda Díaz, Gómez Reino e Ánxela Rodríguez por “atentado contra a autoridade”

Unha imaxe do protesto diante do Congreso.

Na protesta do persoal das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés perante o Congreso o pasado mes de marzo.

Un Xulgado de Instrución de Madrid chamou a declarar Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino ‘Tone’, deputada e deputado galego de Unidas Podemos, e a ex-deputada Ánxela Rodríguez como investigados por un suposto delito de "atentado contra a autoridade". Os feitos investigadores teríanse producido durante a concentración fronte ao Congreso de traballadores e traballadoras das factorías da Coruña e Avilés contra o feche das plantas.

Embora os parlamentares están aforados, a xuíza decidiu igualmente chamalos a declarar. O auto recolle o atestado policial en que se asegura que se dirixiron aos manifestantes para incitalos a saltar o valado que protexe o Congreso. Tamén se afirmaba que Yolanda Díaz empurrou axentes para evitar que detivesen manifestantes.

Polos mesmos feitos tamén están investigados tamén varios traballadores de Alcoa e dirixentes sindicais, así como outra deputado de UP, Rafa Mayoral.

Yolanda Díaz e Gómez Reino negaron as acusacións, denunciaron a "persecución política" contra UP. "A policía, na manifestación de Alcoa, golpeou duramente traballadores, dirixentes sindicais e a compañeiros", criticou Díaz.