Illados 200 alumnos dun colexio de Vigo tras detectarse 3 positivos por Covid

(Foto: Europa Press)

Un total de 200 alumnos do Colexio Apóstol Santiago Jesuítas de Vigo foron illados tras detectarse os casos positivos de COVID-19 dun profesor e dous estudantes do mesmo.

Fontes do centro educativo explicaron a Europa Press que recentemente se confirmou que se contaxiara un profesor que exerce a docencia nas oito clases dos cursos de terceiro e cuarto de Educación Primaria, das que cada unha conta con 25 alumnos.

Ademais, as mesmas fontes indicaron que se detectaron os casos positivos de dous estudantes destes cursos do centro educativo vigués.

Esta situación motivou que a Consellería de Sanidade decidise o illamento dos 200 alumnos que suman as oito clases de terceiro e cuarto de Educación Primaria como medida preventiva.