O grupo valenciano Ribera Salud, que en 2019 adquiriu Povisa, faise agora co Hospital Polusa de Lugo

Polusa Lugo

O grupo sanitario Riera salud, con sede en Valencia, alcanzou un acordo cun grupo de accionistas do Hospital  Polusa de Lugo para se facer coa participación maioritaria do centro sanitario. O peche da operación está pendente das autorizacións pertinentes, polo que aínda non se fixo efectivo.

Con este proxecto, segundo explicou a compañía nun comunicado, RS "consolida a súa expansión e crecemento na Galiza", onde tamén conta co Hospital Povisa de Vigo desde finais de 2019.

Os asesores de Ribera salud  que participaron nesta operación foron  Deloitte (asesor financeiro) e  Cuatrecasas (asesor legal).

O Hospital  Polusa, situado en Lugo, conta cunha dotación de 97 camas, cinco quirófanos, unidade de pacientes xeriátricos, hospital de día oncolóxico,  radiodiagnóstico, laboratorio clínico e un persoal de 135 profesionais.

Ribera Salud xestiona no Estado seis hospitais, tres deles universitarios, e máis de 80 centros de saúde na Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Galiza e Estremadura. Tamén participa noutros proxectos a nivel nacional e internacional.