O grupo Ribera Salud gaña forza na Galiza ao facerse coa xestión do Hospital Juan Cardona

Imaxe aérea do Hospital Juan Cardona de Ferrol (Nós Diario).

En 2019 adquiriu Povisa, en Vigo, e en 2020 Polusa, en Lugo. Agora, o grupo sanitario Ribeira asume a xestión asistencial do Hospital Juan Cardona de Ferrol.

O grupo sanitario Ribera, propietario de Povisa en Vigo e Polusa en Lugo, chegou a un acordo coa Fundación Santo Hospital de Caridade para asumir a xestión asistencial do Hospital Juan Cardona que a entidade ten en Ferrol.

Este acordo non inclúe a compra do inmóbel, que segue sendo propiedade da Fundación. A operación está pendente das autorizacións administrativas correspondentes, segundo trasladou a actual dirección do hospital ferrolán.

A Fundación Santo Hospital de Caridade seguirá vinculado a este centro hospitalario, pois seguirá sendo propietario do inmóbel e manterá toda a xestión da súa obra social.

Con esta operación, o grupo Ribera continúa agrandando o seu campo de actividade na sanidade privada e consolida a súa presenza na Galiza.

O Hospital Juan Cardona ten máis de 22.000 metros cadrados e é o único centro hospitalario privado de Ferrol. Conta con 183 camas, catro quirófanos, seis unidades de hospitalización e unidade de coidados intensivos (UCI), así como un persoal de 300 profesionais.

Ribera é un dos maiores grupos empresariais especializados en proxectos sanitarios. O seu accionista principal, cun 90%, é o grupo Centene Corporation, compañía líder no sector asegurador sanitario estadounidense. O grupo bancario español Banco Sabadell, é o outro accionista, cun 10%. Xestiona oito hospitais no Estado español e outros proxectos en Europa e Latinoamérica.

O modelo Alzira

Ribera Salud é un dos xigantes da sanidade privada privada no Estado español e implantou o chamado "modelo Alzira", o sistema de xestión que entrou en funcionamento no País Valenciá en 1999 e que chegou a prestar servizo daquela a máis de 250.000 persoas.

O portavoz da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública, o médico Xosé Dios, lembra que o grupo foi propietario do Hospital Alzira, "na Valencia de Zaplana e do PP máis corrupto de Europa" e que "segundo o xuíz, tivo unhas perdas millonarias".

Finalmente, o citado hospital foi rescatado para a sanidade pública polo Goberno de Ximo Puig.

Por conta das concesións outorgadas polo PP de Valencia, a empresa obtivo 580 millóns de ingresos en 2018 e deu cobertura a máis de 750.000 pacientes cun cadro de persoal que superaba os 6.000 profesionais.

A sanidade privada na Galiza

Segundo o médico Manuel Martín, portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública, " a sanidade privada vive parasitando o sistema público. Máis de 80% do seu negocio provén de concertos e acordos puntais coa sanidade pública",