O Grove, único concello da Galiza en nivel máximo

Abrazo na Mariña o último día do mes de xullo. (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
Sanidade anuncia cambios no nivel de restricións dos concellos galegos tras analizar a evolución epidemiolóxica da Covid. Ourense e Santiago abandonan o nivel alto.

Tras a reunión semanal do Comite Clínico que asesora a Xunta sobre a pandemia, o conselleiro de Sanidade, Jualio García Comesaña, confirmou que os datos da Covid-19 melloran na Galiza, malia que seguen ser elevados.

"Galiza está na tendencia á baixa", afirmou, mais a preocupación mantense ao se rexistrar, aínda unha incidencia acumulada de 558 casos por 100.000 habitantes a 14 días e 244 a sete días.

Ademais, fixo fincapé no descenso dos casos activos máis tamén na cifra de persoas hospitalizada: 345, das cales 54 permanecen en Unidades de Coidados Intensivos. A media de idade das persoas ingresadas con Covid, recalcou, está nos 65 anos, "pero tamén hai persoas de 20, 24, e 28 anos que precisan coidados críticos".

Cambios de nivel dos concellos

Tras analizar a incidencia acumulada "corrixida" e axustada ás características das hospitalizacións e dos surtos que se van detectando en cada localidade, Sanidade avanzou cambios no nivel de restrición dos concellos a partir da medianoite do vindeiro sábado.

No nivel máximo quedará un só concello: O Grove.

No nivel alto: Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carballo, Culleredo, Oleiros, Sada, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ferrol, Muros, Ames, Ribeira, Viveiro, Burela, Foz, Chantada, Lugo, Ribadeo, Xove, Outeiro de Rei, O Barco de Valdeorras, Verín, Sanxenxo, Meaño, Bueu, Cambados, Marín, Meis, Poio, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Baiona, A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra, Tui, Vigo, Arbo, As Neves e Tomiño.

No nivel medio: Corcubión, Paderne, Ponteceso, Coristanco, Muxía, Oza-Cesuras, Vimianzo, Abegondo, Cabana,  Coirós,  Bergondo, Curtis, Camariñas, Carral, Cerceda, Cariño, Narón, Neda, Ares, Ortigueira, As Pontes, Cedeira, Fene, Touro, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Melide, Padrón, Santiago, Teo,  Valga, Carnota, Oroso, Rianxo, Silleda, Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Cervo, Monforte, Mondoñedo, Sarria, Vilalba, Riós, Avión, A Rúa, Monterrei, Xinzo, O Carballiño,  Ourense, Celanova, Coles, Allariz, A Illa de Arousa, A Lama, Cuntis, Barro, Pontecaldelas, Vilanova de Arousa, Catoira, Mondariz, Pazos de Borbén, Moaña, Mos, O Rosal, Cangas, Ponteareas e Salceda de Caselas.

O resto dos municipios rexeranse polas condicións do nivel medio-baixo.

Das sete cidades galegas, "a boa evolución epidemiolóxica de Santiago e Ourense", sinalou o conselleiro, marcou a súa saída do nivel alto de restricións, as únicas que lograron esa rebaixa.

Semanas de esforzo

Neste contexto, García Comesaña remarcou que quedan "semanas de esforzo" para tratar de vencer a Covid. Insistiu na necesidade de respectar ás medidas de prevención: máscara, distancia e hixiene de mans, mais no cumprimento dos límites estabelecidos para as reunións sociais.

As festas privadas "están prohibidas", remarcou, ás portas da fin de semana máis festiva do ano. En consonancia coas palaras do  consellerio de Sanidade, o médico de Atención Primaria Xosé Luís Muíño, membro do Comité Clínico, tamén demandou pridencia aos mozos, principal foco dos novos contaxios. malia que adoitan pasar a Covid de forma leve, tamén son candidatos á Covid persistente, engadiu.