Galiza vacinará os menores de 60 anos desde o 19 de decembro e os nenos de 5 a 11 a partir do 13

Unha sanitaria cunha dose da vacina. (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press) #vacinación #coronavirus #vacina #prioridades #ong #savethechildren #coronavirus #covid19

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, anunciou que Galiza iniciará a vacinación coa dose de reforzo de menores de 60 anos a partir do 19 de decembro.

 Ademais, tamén inmunizará os nenos de 5 a 11 anos, empezando polos inmunodreprimidos, a partir do 13 de decembro

Na rolda de prensa posterior ao Consello, avanzou estas actuacións en liña co falado esta quinta feira no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde ( CISNS), respecto diso do que indicou que dos 1,3 millóns de vacinas que chegaránao Estado español, corresponden a Galiza unhas 55.000 ou 58.000 doses para os 130.000 galegos nesta franxa de idade.

Sinalou que os criterios definiranse a semana que vén, pero que a idea é comezar cos  inmunodeprimidos. Dos 1.300 alumnos contaxiados actualmente, mil son menores de cursos de Primaria.

Incidencia en aumento

A incidencia da Covid-19 segue en aumento na Galiza, que rexistra 6.495 casos activos despois de repuntar a 780 os novos contaxios rexistrados deste coronavirus que manteñen 187 persoas hospitalizadas -18 máis que a xornada anterior-, 32 delas en UCI. 

Segundo os datos publicados na mañá desta quinta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta cuarta, aumentan a 32 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galiza -dúas mái-- e a 155 as hospitalizadas noutras unidades -16 máis-, mentres que 6.308 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en cinco das sete, mentres que se alivia na da Coruña e Cee e mantense sen cambios na de Santiago e Barbanza.

Segundo os últimos datos actualizados na tarde desta cuarta feira polo Ministerio de Sanidade, Galiza conta cunha taxa a 14 días de 221,85 casos por 100.000 habitantes -a xornada pasada estaba en 203,97-, polo que supera a media do Estado, que está en 217,10.