Galiza supera os 10.000 casos activos após confirmar máis de 1.190 contaxios na última xornada

(Foto: Europa Press)

A presión hospitalaria segue a aumentar, con novos ingresos en planta e na UCI

(En ampliación)

A espiral de aumento de casos activos, contaxios e presión hospialaria continúa unha xornada máis e faino en medidas preocupantes. Galiza supera xa os 10.000 casos activos e o Sergas rexistrou na última xornada máis de 1.190 novos contaxios, dos cales 1.025 foron confirmados por PCR, a maior cifra dende que hai datos oficiais.

Segue a aumentar a presión hospitalaria, con 463 persoas en planta hospitalaria (25 máis ca onte) e 82 nas unidades de coidados intencivos (UCI), o que supón 9 máis que na xornada anterior.

A taxa de positividade sitúase en 11%, máis do duplo do que a OMS establece como limiar para o control da pandemia (5%).

A cifra de falecidos é xa de 1.480 tras as 6 mortes rexistradas esta segunda feira. A inciedencia acumulada a 14 días é de 352,9.