Galiza rexistra catro sismos de pequena magnitude nun intervalo de 18 horas

Epicentro do sismo principal.
Galiza tremeu nos dous últimos días con até catro sismos. O de maior magnitude tivo lugar en Laza.

Galiza rexistrou entre a tarde da cuarta feira e a mañá da quinta catro sismos de pequena magnitude que foron detectados polos medidores do Instituto Xeográfico Nacional nun intervalo dunhas 18 horas.

O último deles tivo como epicentro o municipio de Barreiros, na Mariña, onde se produciu un tremor de magnitude 2,8 ás 13,30 horas da quinta feira 13 de maio.

Horas antes, os medidores do IGN captaran un terremoto na Veiga e outro en Laza espaciados por dúas horas durante a madrugada da cuarta feira á quinta feira.

O tremor máis forte

O primeiro foi minutos despois das 4 horas da madrugada e o segundo ás 6.45 horas. Deles, o máis forte foi o tremor de Laza, con 2,8 na escala Richter, mentres que o da Veiga quedou en 2,0.

Todos estes episodios foron precedidos polo sismo captado en Silleda na tarde da cuarta feira. O primeiro tamén foi o máis suave, con apenas 1,8 de magnitude.