A Galiza encarambelada: 9,5 graos baixo cero en Carballeda de Valdeorras

(Foto: Carlos Castro)

Mañá de grandes xeadas no interior do país.

Galiza viviu unha noite e unha mañá xélida na que os termómetros baixaron dos 9 graos baixo cero en varios puntos do interio do país, nomeadamente en varias comarcas de Ourense, a máis.

En concreto, a temperatura mínima rexistrada foi a do municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, onde se rexistraron os 9,5 graos baixo cero.

Con todo, tamén en Manzaneda e en Calvos de Randín, o mercurio chegou durante a noite ou primeiras horas da mañá aos 9,1 graos baixo cero.

En Verín, a mínima de hoxe marcou -8,1 graos, mentres que en Viana do Bolo e A Veiga alcanzáronse os 7,7 baixo cero.

En Baltar a mínima foi de -7,3, en Vilariño de Conso de -7,2 e en Pedrafita do Cebreiro de -7,1 graos.