Galiza abeira xa o 50% de poboación vacinada con pauta completa contra a Covid-19

Vacinación no hospital de Ourense. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press) #vacinación #vacina #saúde #coronavirus #covid19 #ourense #pauta

Galiza avanza na vacinación contra a Covid-19 e abeira a metade da poboación a inmunizar con pauta completa, con 1.173.722 persoas co proceso finalizado, que supoñen 31.045 cidadáns máis que a xornada pasada, cando era 49,67%.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá desta segunda feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até o peche da xornada de vacinación do domingo, recollidos por Europa Press, que indican que se administraron 2.667.955 doses, 31.168 máis que a xornada pasada das 2.744.115 recibidas até o momento.

Diso dedúcese que a xornada de vacinación deste domingo na Galiza centrouse en administrar segundas doses para completar pautas.

Pola súa condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por Sanidade indican que se administrou polo menos unha dose a 14.980 persoas de alto risco (+1) e 14.478 completaron a pauta (+2); mentres que 17.615 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose e 17.286 contan coa pauta completa (+4). Ademais, 26.328 institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada e 26.162 finalizaron o proceso (sen cambios).

En canto aos vacinados por probabilidade de exposición, 73.228 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose e 70.042 están inmunizados (+134). Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.429 profesionais do ámbito sociosanitario e 25.951 contan coa pauta completa (+118).

Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 46.734 traballadores esenciais e 34.653 completaron o proceso (+1.428). En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.402.122 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+3.217) e 985.130 teñen a pauta completa (+29.359).

1.608.470 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en toda Galiza, que supoñen un 68,07% da poboación diana a vacinar 

Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose até o momento 131.111 persoas maiores de 85 anos; 95.957 de 80 a 84 anos; 134.014 de 75 a 79 anos; 152.400 de 70 a 74 anos (+1); 157.993 de 65 a 69 anos (+3); 169.483 de 60 a 64 anos (+30); 182.18 de 55 a 59 anos (+4) e 189.293 de 50 a 54 anos (+846).

Así, até a data administrouse polo menos unha dose a 1.212.435 persoas maiores de 50 anos, que supoñen 884 máis que a xornada anterior e constitúen un 94,95% dos galegos a vacinar a partir desa idade. A elas súmanse 194.433 persoas de 45 a 49 anos e 137.950 de 40 a 44 anos (+22). Deste modo, até a data foron vacinadas 332.383 persoas de 40 a 49 anos, un 75% duns 443.000 cidadáns desta franxa de idade.

Tamén foron vacinadas 22.421 persoas de 35 a 39 anos; 18.197 de 30 a 34 anos (+11); 14.446 de 25 a 29 anos (+1); 7.763 de 20 a 24 anos; 814 de 15 a 19 anos (+6) e 11 de 10 a 14 anos.

Por tanto, 1.608.470 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina en toda Galiza, que supoñen un 68,07% da poboación diana a vacinar .