Galiza inicia hoxe a vacinación de 50 a 55 anos con 1.000 persoas en Compostela e cita 20.000 o sábado

A proba piloto de administración masiva terá lugar na Cidade da Cultura e están citadas 1.000 persoas da área sanitaria de Santiago.
A proba piloto de administración masiva terá lugar na Cidade da Cultura e están citadas 1.000 persoas da área sanitaria de Santiago.

Galiza inicia na tarde desta quinta feira a vacinación de persoas entre 50 e 55 anos cunha proba piloto de administración masiva que terá lugar na Cidade da Cultura e á que están citadas 1.000 persoas da área sanitaria de Santiago. O proceso seguirá o sábado con outras 20.000 persoas de todas as áreas.

Así o anunciou o conselleiro de  Sanidade, Julio García  Comesaña, durante unha rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados no comité clínico.

En concreto, o inicio da campaña entre os galegos de 50 a 55 anos, para dar saída ás vacinas de  AstraZeneca, principiará na tarde da quinta feira, cando a Cidade da Cultura acollerá un dispositivo piloto de vacinación masiva para  testar tanto o sistema de citas como o proceso. Para iso, están citadas 1.000 persoas da área.

Cos resultados deste piloto e os axustes necesarios, o sábado continuará a vacinación deste colectivo con 20.000 persoas citadas en todas as áreas sanitarias. As doses administraranse nos hospitais comarcais naquelas áreas con menos poboación e en dispositivos especiais masivos no resto.

Por áreas

Esas 20.000 persoas de todas as áreas que serán citadas para vacinarse o sábado distribúense do seguinte modo:

- 2.300 da área sanitaria de Lugo: 1.700 da de Lugo, 300 da Mariña e 300 de Monforte

- 2.200 da área sanitaria de Ourense: 1.750 da de Ourense, 250 do barco e 200 de Verín

- 2.400 da área de Santiago: 2.000 da de Santiago e 400 da do barbanza.

- 1.300 da área sanitaria de Ferrol

- 4.400 da área sanitaria de Vigo

- 2.200 da área sanitaria de Pontevedra: 1.700 da de Pontevedra e 500 do Salnés.