Covid: 6 de cada 10 galegos a inmunizar xa finalizou o proceso e ten a pauta completa

Unha persoa recibe unha vacina nas instalacións habilitadas en Compostela. (Foto: Europa Press)
E 1.791.693 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina no conxunto de Galiza, o que constitúe un 72,99% da poboación diana a vacinar.

Galiza avanza na vacinación dos mozos de 30 a 39 anos con máis dun 48% dos chamados a inmunizar desta franxa de idade con polo menos unha dose ao alcanzar as 156.521 persoas, mentres que máis do 62,9% da poboación diana de toda a Galiza xa finalizou o proceso.

Segundo os datos actualizados na mañá desta quinta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até o peche da xornada de vacinación da cuarta, recollidos por Europa Press, administráronse 3.196.112 doses das 3.315.195 recibidas até a data, que supoñen 26.978 postas máis.

Por iso, dos datos publicados dedúcese que a xornada de vacinación desta cuartacentrouse en administrar primeiras doses, en especial no grupo de 30 a 39 anos.

En canto ás persoas con pauta completa,hai 1.544.217, que supoñen o 62,91% da poboación galega a inmunizar, 6.046 máis que a xornada anterior.

Por condición de vulnerabilidade, os últimos datos actualizados por Sanidade indican que se administrou polo menos unha dose a 15.177 persoas de alto risco (+67) e 14.819 completaron a pauta (+23); mentres que 17.622 dependentes non institucionalizados recibiron polo menos unha dose (+8) e 17.402 contan coa pauta completa (+9). Ademais, 26.507 persoas institucionalizadas recibiron como mínimo a primeira picada (+9) e 26.355 finalizaron o proceso (+3).

En canto aos vacinados por probabilidade de exposición, 73.025 traballadores do ámbito sanitario recibiron polo menos a primeira dose (+71) e 71.796 están inmunizados (+31). Así mesmo, administrouse a primeira inxección a 27.415 profesionais do ámbito sociosanitario (+43) e 26.743 contan coa pauta completa (+12). Tamén recibiron como mínimo unha dose da vacina contra a Covid-19 no conxunto de Galicia 44.777 traballadores esenciais (+16) e 41.681 completaron o proceso (+21).

En canto ás persoas que foron citadas a vacinarse pola súa idade, a 1.587.110 cidadáns administróuselles polo menos unha dose (+23.783) e 1.345.386 teñen a pauta completa (+5.942).

Por grupos de idade, recibiron polo menos unha dose até o momento 131.222 persoas maiores de 85 anos (+16); 96.061 de 80 a 84 anos (+12); 134.250 de 75 a 79 anos (+35); 152.757 de 70 a 74 anos (+48); 160.731 de 65 a 69 anos (+349); 174.518 de 60 a 64 anos (+425); 181.053 de 55 a 59 anos (+1.134) e 193.381 de 50 a 54 anos (+1.121).

A elas súmanse 199.324 persoas de 45 a 49 anos (+207) e 186.807 de 40 a 44 anos (+233). Por iso, até a data foron vacinadas 386.131 cidadáns de 40 a 49 anos, un 87,16% duns 443.000 habitantes desta franxa de idade. Así, até o momento recibiron polo menos unha dose 1.610.104 persoas maiores de 40 anos en Galicia, que supoñen un 93,6% das 1.720.101 chamadas a vacinar na Comunidade galega a partir desa idade --segundo os datos globais do Ministerio de Sanidade--.

Así mesmo, foron vacinadas 128.958 persoas de 35 a 39 anos (+12.626) e 27.563 de 30 a 34 anos (+6.624), o que supón 156.521 cidadáns, un 48,4% duns 323.300 a inmunizar en Galicia nesa franxa de idade. Tamén recibiron polo menos unha dose 15.096 persoas de 25 a 29 anos (+197); 8.840 de 20 a 24 anos (+747); 1.096 de 15 a 19 anos (+215) e 36 de 10 a 14 anos (+12).

Por tanto, 1.791.693 persoas recibiron polo menos unha dose da vacina no conxunto de Galiza, o que constitúe un 72,99% da poboación diana a vacinar.