A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas fixo entrega das bolsas de estudos de posgraduado

Entrega das bolsas da fundación. (Foto: Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas)
O acto, que tivo lugar na sede central de Caixa Rural Galega en Lugo, contou coa presenza do presidente da Fundación D. Tomás Notario Vacas, o vicepresidente da Fundación e presidente de Caixa Rural Galega D. Manuel Varela López, ademais de D. Salvador Diz Cerviño e Antonio Riveira Requeijo, membros do padroado da Fundación, así como as dúas beneficiarias das bolsas acompañadas de familiares.

A Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas fixo entrega das bolsas de estudos de posgraduado dotadas economicamente coa totalidade do custo da matrícula e aloxamento durante os meses que dure o mestrado no lugar de destino. No seu cuarto ano de bolsas de posgraduado, a Fundación concedeu as dúas bolsas a novas promesas galegas para realizar un mestrado no estranxeiro.

O acto, que tivo lugar na sede central de Caixa Rural Galega en Lugo, contou coa presenza do presidente da Fundación D. Tomás Notario Vacas, o vicepresidente da Fundación e presidente de Caixa Rural Galega D. Manuel Varela López, ademais de D. Salvador Diz Cerviño e Antonio Riveira Requeijo, membros do padroado da Fundación, así como as dúas beneficiarias das bolsas acompañadas de familiares.

No acto interviñeron o presidente e o vicepresidente da Fundación e ambos destacaron que a concesión destas bolsas é un orgullo para a Fundación e supoñen unha oportunidade para as nosas novas promesas para seguir progresando e profundando no coñecemento nun mundo cada vez máis globalizado, interconectado e competitivo.

O obxectivo, en definitiva, é o de contribuír a que os nosos mozos teñan a oportunidade para seguir formándose, de perseguir a excelencia co propósito de que poidan con iso contribuír ao desenvolvemento económico e social da Galiza.

De igual maneira, ambos coincidiron para animar ás beneficiarias desta cuarta edición a aproveitar esta experiencia o máximo posíbel, tanto no ámbito educativo como no persoal, considerándoas ademais embaixadoras da Fundación.

Pola súa parte, as seleccionadas agradeceron o labor da Fundación e a oportunidade brindada de continuar a súa formación no estranxeiro, así como expresaron o seu compromiso de aproveitar a experiencia o máximo posible.

Nesta ocasión as bolsas foron concedidas ás graduadas da Universidade de Santiago de Compostela: Paula Gómez García que realizará un mestrado en ciencia biomédica na Universidade do Oeste de Inglaterra, Bristol (Reino Unido), dun ano de duración, así como a Alejandra Rechoy Moledo, que realizará un mestrado en ciencia animal na Universidade de Turín (Italia), de dous anos de duración.

Sobre a Fundación Caixa Rural Galega Tomás Notario Vacas

A Fundación nace co firme propósito de contribuír a que a nosa terra sexa cada día un lugar mellor, cuxa finalidade será promover a investigación e a educación, prestando atención especial ao sector agroalimentario e forestal, e tratando de que quen impulse este coñecemento poidan apoiarse nunha situación que lles poida facilitar medios necesarios para conseguilo.