Fiscalía denuncian a dous altos cargos da Xunta polo dragado da Ría de Ferrol

Ría de Ferrol

A Fiscalía do TSXG acusa a estes dous altos responsábeis da Consellería de Medio Ambiente de prevaricación, falsidade documental e delito . Ocultouse un informe contrario á actuación e posteriormente 'cociñouse' outro favorábel

A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza denuncia a dous altos cargos da Consellería de Medio Ambiente pola súa posibel responsabilidade nos delitos de prevaricación, falsidade documental e delito ambiental. Denuncia relacionada co dragado da Ría de Ferrol, unha actuación que desde setembro de 2012 está baixo a lupa do ministerio público após que Adega denunciase unha serie de feitos.

Había un informe inicial elaborado por un biólogo da Xunta que consideraba incompatíbel o dragado “coa conservación dos hábitats e e especies presentes" nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000. Ese informe foi 'relegado' e a posteriori elaborouse outro máis favorábel ao dragado.

Estes feitos están no cerne da denuncia do TSXG contra Carlos Muñoz Martínez, xefe de Conservación da Natureza en A Coruña, e a Rogelio Fernández Díaz, subdirector xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade. Para ADEGA, estes feitos obrigan ao conselleiro de Medio Ambiente a cesar fulminantemente a estes dous funcionarios nas súas responsabilidades