A CORRUPCIóN é "RáPIDA E GLOBAL", A XUSTIZA, "LENTA"

O fiscal Carlos Varela pide que o xuízo pola Pokemon sexa canto antes

Carlos Varela

Carlos Varela amosa a súa preocupación polos “reflexos” da delincuencia económica e pide que o “macroproceso” pola Pokémon teña lugar canto antes.

 

O fiscal superior de Galiza, Carlos Varela, ve o sistema penal "lento e democrático", en contraposición coa corrupción, á que vai "imaxinativa", "rápida" e "global". “Necesitamos mellorar nestas respostas, porque a criminalidade económica é rápida, informal, creativa, mutante e global; mentres que o sistema penal é lento, formal e burocrático", alertou Varela nunha entrevista na Cadena Ser.

 O fiscal superior de Galiza sostén que este "desfase" ten que "ser superado constantemente" cos "escasos recursos dispoñibles". Neste sentido, subliñou que o actual modelo revela "serias carencias" para facer fronte á corrupción económica e aos comportamentos corruptos, que "sempre derivan en macroprocesos". Ante estes, o fiscal superior apostou por "organismos centralizados" que teñan "proxección" en toda Galiza.

A este respecto, Varela cualificou como "macroproceso" á 'Operación Pokémon', que confía en que "se leve canto antes a xuízo" para que non se converta nun "proceso ingobernable".