Unha festa para celebrar a abertura da Semente en Trasancos

[Imaxe A Semente]

Será o domingo 25 de outubro e no encontro poderase coñecer de primeira man o seu modelo educativo.

 

Após un mes da abertura do espazo educativo A Semente na comarca de Ferrolterra, cun espazo na vila de Narón, a Asociación Cultural que a promove desenvolve unha xornada de portas abertas coa que dar a coñecer o seu modelo educativo.

Será o domingo 25 de outubro ás 17h. nas instalacións do centro (San Mateo) onde terá lugar unha chocolatada, contos, xogos e a actuación dos acordeonistas Xende e Xalo. Con esta festa queren achegar a proposta educativa da Sementa a quen se anime a asistir. Un modelo baseado na inmersión lingüística en galego e o respecto á liberdade das propias crianzas que aprenden a un ritmo propio. 

O espazo aberto pola Semente en Narón conta unha ampla zona ao ar libre, unha aula gastronómica e outros dous espazos nos que as crianzas poden moverse libremente.

A Semente conta con centros en Vigo e Compostela o que evidencia a aposta de moitas familias galegas na construción dun espazo educativo popular e en lingua galega pois os proxectos financianse através de achegas individuais.