Ferido grave un sancristán de Carballo ao caerlle enriba a imaxe un santo

Helicóptero do 061 con base en Santiago de Compostela. (Foto: Europa Press)
O home, de 78 anos e veciño de Coristanco, permanece ingresado no Chuac.

Un sancristán dunha igrexa situada en pleno centro do municipio de Carballo (comarca de Bergantiños) resultou ferido grave ao sufrir unha indisposición e caerlle enriba unha imaxe dun santo este sábado.

Ás 13.25 horas, Urxencias Sanitarias alertou a central de emerxencias do 112 da incidencia e do desprazamento do helicóptero medicalizado para o seu traslado. Foron avisados tamén Policía Local e Protección Civil, entre outros.

O home, de 78 anos e veciño do concello de Coristanco, foi evacuado desde a igrexa de San Xoán até o parque de San Martiño, onde aterrou o helicóptero, que partiu sobre as 14.30h rumbo ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), onde permanece ingresado o ferido.