Feixoo anuncia a apertura da autocita de vacinación de 16 a 19 anos apenas horas despois de se laiar de que non había vacinas

Unha persoa recibe unha vacina nas instalacións habilitadas en Compostela. (Foto: Europa Press)
A semana pasada, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que as previsións que manexaba a Dirección Xeral de Saúde Pública pasaban por iniciar a vacinación aos menores de 30 anos a partir do 9 de agosto.

O presidente da Xunta anunciou esta quinta feira a apertura da autocita para vacinarse destinada aos adolescentes, tendo en conta que esta segunda feira, con dúas semanas de antelación sobre as previsións iniciais, dixo que comeza en toda Galiza a inmunización do grupo de 20 a 29 anos con hora 'forzada'.

Persoas nese tramo de idade empezaron xa o proceso de vacinación na área de Santiago-Barbanza, con mil doses de Moderna que se reservaron para eles esta quinta feira na Cidade da Cultura, coincidindo co final da inmunización dos da trintena de idade nesta área sanitaria.

Esta cuarta feira, o propio presidente da Xunta laiábase de que non había vacinas abondo e que por iso non se estaba a vacinar a mocidade. Algo do que responsabilizaba ao Goberno español. 24 horas despois, o mesmo presidente da Xunta anuncia  apertura da autocita de vacinación para os adolescentes de 16 a 19 anos

A semana pasada, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou que as previsións que manexaba a Dirección Xeral de Saúde Pública pasaban por iniciar a vacinación aos menores de 30 anos a partir do 9 de agosto.

Será dispensada na primeira semana de agosto e esta sexta feira poranse en marcha a autocitación para outras 11.000 vacinas

Ademais, indicou que a autocita para acudir ás picadas "non é desbotábel" que se "vaia abrindo a outros colectivos" como xa se fixo cos estudantes Erasmus ou "de forma xeral", cuestión da que polo momento non se avanzou máis.

Xa esta cuarta feira, Feixoo avanzou que será a vindiera segunda feira cando comece a vacinación deste grupo de mozos, que xunto co colectivo que vai de 16 a 19 anos presentan unha incidencia acumulada de mil casos por cada 100.000 habitantes, como confirmou este o presidente.

En cuestión de "horas" cubríronse as 6.000 primeiras prazas. Será dispensada na primeira semana de agosto e esta sexta feira poranse en marcha a autocitación para outras 11.000 vacinas.