Falecen tres mariñeiros galegos nun accidente de tráfico en Namibia

Barco palangreiro. (Foto: Ministerio de Pesca)
Os tres falecidos ían embarcarse nun barco palangreiro e faleceron ao sufrir un accidente o taxi no que se desprazaban.

Tres mariñeiros galegos faleceron nun accidente de tráfico ocorrido en Namibia cando se desprazaban desde o aeroporto da capital até Walvis Bay, onde ían embarcar para traballar na faena de pescada negra, segundo informaron fontes da frota.

Os tres falecidos ían embarcarse nun barco palangreiro e faleceron ao sufrir un accidente o taxi no que se desprazaban desde o aeroporto até o punto de embarque. O sinistro produciuse cando circulaban de noite, na xornada da quinta feira, e nel tamén morreu o condutor de vehículo, natural de Namibia.