Falece unha persoa tras caer da súa moto en Gondomar
02 de marzo de 2025 (12:34 h.)
Na parroquia de Peitieiros.
Unha persona perdeu a vida tras caer da súa moto no municipio de Gondomar, na comarca de Vigo.
Segundo informou o 112 Galiza, o suceso produciuse sobre as 09.30 horas deste domingo na EP-2301, ao seu paso pola parroquia de Peitieiros.
Até o punto tamén desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galiza-061, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.
O suceso obrigou a cortar a estrada e provocou unha gran consternación, tal e como recolle a TVG, xa que a vítima era un veciño da zona.