Falece un ciclista de 67 anos tras sufrir un desmaio en Fornelos de Montes
10 de agosto de 2025 (18:38 h.)
Segundo relataron fontes coñecedoras do suceso, todo ocorreu no quilómetro 150 da PO-250, á altura de Fornelos de Montes, onde tres ciclistas se atopaban realizando un percorrido cando un deles caeu desmaiado.
Un ciclista de 67 anos e veciño de Poio (comarca de Pontevedra) faleceu este domingo tras sufrir un desmaio na localidade de Fornelos de Montes (comarca de Vigo), concretamente na estrada PO-250. Segundo relataron fontes coñecedoras do suceso, todo ocorreu no quilómetro 150 da PO-250, á altura de Fornelos de Montes, onde tres ciclistas se atopaban realizando un percorrido cando un deles caeu desmaiado. Realizáronselle manobras de reanimación mais estas non deron resultado, ademais, chamouse ao helicóptero medicalizado mais, finalmente, faleceu.