Unha explosión en Tui deixa no mínimo 2 persoas falecida e 28 feridas

Imaxe @Vigo_e

Foi na parroquia de Paramos a primeira hora da tarde. A explosión afectou varias casas e vehículos e o estrondo escoitouse en varios quilómetros. Vídeos no interior.

Unha forte explosión rexistrada a primeira hora da tarde desta cuarta feira nunha vivenda de Paramos (Tui) deixa varias no mínimo 2 persoas falecidas e 28 feridas, varias casas afectadas e unha gran alarma na comarca pois o estrondo escoitouse en quilómetros ao redor da zona. Algunhas fontes falaban nos primeiros momentos dunha persoa desaparecida. O lugar da explosión era unha vivenda que, segundo diversos medios, era do familiar do propietario dunha pirotecnia que fora clausurada, polo que parte do matrial estaba nesa casa. A Garda Civil detivo o empresario de Tui Francisco González, propietario do material pirotécnico.

 

Os servizos de emerxencias peinan a zona, procurando nas casas afectadas e no almacéon onde tivo lugar a explosión posíbeis persoas atrapadas. O alcalde tudense, Carlos Vázquez Padín, informou que se dispoñibiliza para atender as persoas afectadas o espazo do Centro Cultural de Guillarei e que se habilitou un número de teléfono : 986 607 055. O rexedor  manifestou que "todo parece indicar que é un almacén pirotécnico, aínda que era unha casa e non un almacén. Era clandestino e non nos constaba a súa existencia".

 

Segundo recolle Vigoe.es os Tedax sitúan a orixe do suceso nun polvorín de fogos artificiais e avisan de que podería producirse unha segunda explosión, polo que amplían o perímetro de seguridade.

 

O tremor xerado pola forte explosión sentiuse en concellos limítrofes, tanto de Galiza como de Portugal. E xerou unha gran nube de fume que podía divisarse desde quilómetros, mesmo da área universitaria de Vigo. As causas do estoupido estanse a investigar. Até o lugar desprazáronse efectivos de emerxencias, que recibiron unha manchea de chamadas de socorro da veciñanza, moi alarmada. Activouse o Plan Territorial de Emerxencias Galiza Platerga nivel 1