Unha especie invasora ‘’cuxas raíces poden destruír pontes’’ ameaza as Gándaras de Budiño
Verdegaia, Asociación Herpetológica Española e SGHN pediron á Xunta que adopte medidas contra a ‘Reynoutria japonica’, unha especie vexetal invasiva “das máis agresivas para o medio ambiente e infraestruturas’’.
A finais do pasado mes de xullo tres entidades e asociacións (Verdegaia, Sociedade Galega de Historia Natural e Asociación Herpetolóxica Española) dirixíronse á Xunta para alerta da presenza da fallopia xapónica (Reynoutria japonica) en lugares próximos ás Gándaras de Budiño, área declarada LIC (Lugar de Importancia Comunitaria). Unha especie vexetal incluída no Catálogo Español de Especies Invasoras e que está considerada como unha das máis agresivas para o medio ambiente e as infraestruturas.
"En Gran Bretaña hai bancos que non conceden hipotecas para vivendas que teñen a planta no seu xardín”
Estas tres asociacións presentaron un escrito diante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza para o que recibiron unha “rápida” resposta: terano en conta para o ano que vén.
As raíces desta especie “poden destruir elementos coma pontes, estradas, tuberías, canles e casas. A ameaza é tan grande que en Gran Bretaña, onde o seu control custa anualmente 208 millóns de euros, algúns bancos non conceden hipotecas para vivendas que teñen a planta no seu xardín".