Entidades sociais e culturais percorrerán as rúas de Compostela na defensa da vía pública

Diversos grupos sociais e culturais composteláns organizan un roteiro artístico a prol das rúas como espazo público

Dende a aprobación da ordenanza municipal que limita o uso público da rúa, sucédense as respostas cidadás na súa defensa. Diversas entidades sociais e culturais da cidade de Santiago organizan esta sexta, un roteiro artístico con actuacións musicais, de danza e outras artes a partir das 19.00h.

O percorrido comezará na Praza do Toural e o seu obxectivo é facer notar a importancia do espazo público no desenvolvemento cultural e social da cidade compostelá.