Ence conxela investimentos á espera de saber que pasará coa concesión

Ence. Imaxe: Galiza Contrainfo.

Ence paraliza os investimentos en Pontevedra á espera de saber que acontecerá coa concesión da planta. A compañaía papaeleira manterá os 50 millóns comprometidos para 2019 pero conxela os resto previsto no plan de negocio.
 

A dirección da celulosa deuse a si mesma catro semanas para analizar o impacto da súa propia decisión e como está influirá no plan estratéxico deseñado para o período 2019-2023. Entre as posíbeis consecuencias derivadas, segundo informou Europa Press, está o traslado de parte da produción de factoría de Pontevedra á de Navia.

 

Con todo, as instalacións de Navia non teñen capaciade produtiva abondo para cumprir o obxectivo incluído no plan estratéxico actual.

 

Ence avisa de que, se o proceso da concesión non se resolve de acordo cos seus intereses, reclamará todos os investimentos realizados na fábrica desde que se estendeu o permios. Son, calcula, uns 132 millóns de euros.

 

Accións legais


A papeleira advirte de que esgotará as accións legais. No seu prognóstico apenas menciona o peor escenario para os seus intereses, o cese da actividade da instalación.

 

De iniciarse un procedemento legal, este podería estenderse de 4 a 6 anos, se se esgotasen todas as instancias. Ence entende que, malia todo, durante este tempo sería “altamente improbábel” que a xustiza paralice a produción.