EMA abre a porta a unha 3ª dose de Pfizer e Moderna para persoas co sistema inmunitario debilitado

Que sexan maiores de 18 anos e a subministrar 28 días despois de recibida a segunda.

A Axencia Europea de Medicamentos ( EMA) decidiu esta segunda feira que unha terceira dose da vacina  anticovid-19 da  BioNTech/ Pfizer e da Moderna só deberá ser administrada na Unión Europea (UE) a persoas con "sistemas  inmunitarios gravemente debilitados", tras 28 días.

"O comité de medicamentos humanos da  EMA concluíu que unha dose extra das vacinas  anticovid-19  Comirnaty [nome comercial da vacina do consorcio farmacéutico  BioNTech/ Pfizer] e  Spikevax [nome comercial da vacina da Moderna] pode ser administrada a persoas con sistemas  imunitarios gravemente enfraquecidos, polo menos 28 días tras a súa segunda dose", indica o regulador da UE en comunicado de prensa.

A axencia xustifica que este aval xorde despois de varios "estudos demostraren que unha dose extra destas vacinas aumentou a capacidade de producir  anticorpos contra o virus que causa a  covid-19 en doentes con sistemas  imunitarios enfraquecidos".

"Aínda que non haxa probas directas da capacidade de producir  anticorpos nestes doentes protexidos contra a  covid-19, espérase que a dose de reforzo aumente a protección polo menos nalgúns doentes", adianta a  EMA, asegurando que "continuará a  monotorizar calquera dato que xurdan sobre a súa eficacia" e que engadirá información sobre esta 'luz verde' aos fármacos.

A  EMA sinala que as doses de reforzo da vacina  anticovid-19 da  BioNTech/ Pfizer "poden ser consideradas" para persoas con máis de 18 anos, tras seis meses da segunda dose, para aumentar os  anticorpos.

"O comité de medicamentos humanos da EMA avaliou datos sobre a Comirnaty que revelan un aumento nos niveis de  anticorpos cando unha dose de reforzo é dada aproximadamente seis meses tras a segunda dose en persoas de 18 a 55 anos de idade e, con base nestes datos, concluíu que as doses de reforzo poden ser consideradas polo menos seis meses tras a segunda dose para persoas con 18 anos de idade ou máis", indica a  EMA en comunicado de prensa.