Dúas semanas sen Covid-19 en 97 municipios galegos

Un home camiña por Becerreá (Carlos Castro / Europa Press)
Algúns concellos levan días sen notificar casos novos na pandemia. A maior parte son localidades situadas nas comarcas de Ourense.

Este sábado Galiza contabiliza 97 municipios nos que non se rexistrou ningún caso de coronavirus nos últimos 14 días, case un terzo (30,9%) da totalidade de concellos galegos, e un aumento de 23 con respecto ao pasado sábado.

Segundo datos da Consellaría de Sanidade de todas as localidades libres de casos a gran maioría, 54 en total,  pertencen ás comarcas de Ourense. Son os de A Arnoia, Baños de Molgas, Bande, Beade, Boborás, A Bola, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Cortegada, Cartelle, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Entrimo, Esgos, Gomesende, A Gudiña, O Irixo, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadañedo, Larouco, Laza e Lobeira.

Tamén están na mesma situación Maside, Melón, A Merca, A Mezquita, Montederramo, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada de Sil, A Pobra de Trives, Piñor, Pontedeva, Porqueira, Punxín, Oímbra, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Riós, Rubiá, San Xoán de Río, San Amaro, A Teixeira, A Veiga, Verea, Vilamarín, Vilar de Barrio e Vilariño de Conso

Nas comarcas de Lugo non se detectaron casos nun total de 27, ou sexa 40,3% das 67 localidades, oito máis que hai unha semana.

Trátase de Barreiros, Becerreá, Begonte, Cervantes, O Corgo, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, O Incio, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Pol, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada, O Valadouro e O Vicedo.

En relación ás comarcas da Coruña, tan só nove dos 93 concellos (9,7%) non detectaron casos de coronavirus en dúas semanas. Así, están libres do patóxeno A Capela, Cerdido, Corcubión, Mañón, Mesía, Santiso, Toques, Trazo e Cariño.

Por último, nas de Pontevedra os municipios sen novas infeccións por Covid-19 en 14 días pasaron de cinco a sete na última semana (11,5%) e son Arbo, Campo Lameiro, Dozón, Fornelos de Montes, Mondariz-Balneario, Oia e Portas.