Manuel Gago

"O Diario Galego ten de ser o xornal dunha Galiza contemporánea, dun país que non se resigna"

Falamos con Manuel Gago, xornalista e profesor universitario da USC, sobre O diario galego, o proxecto que prepara Sermos para 2019.

Que diario galego lle apetecería ler a Manuel Gago en 2019?  Pois un xornal que sexa o voceiro dunha "Galiza contemporánea", dun país "que non se resigna, que quer desenvolver proxectos, con capacidade para se conectar co mundo e que é capaz de apresentar a mellor cara de nós mesmos".

 

"Se a batalla do século XX para o galego foi pasar do mundo doméstico ao espazo público, a batalla do século XXI é conseguir a normalización desa presenza", reflicte Gago, para quen "en teoría nada nolo impide". "Agora temos que ser nós os que sexamos capaces de conseguir que o galego sexa un vehículo de uso normal en todos os ámbitos da nosa vida".

 

Por que é tan importante que apareza O Diario Galego? "Porque un meio en galego leva sempre aparellada unha segunda idea: que vai ser un meo centrado na Galiza", considera.