Deteñen un home acusado de asasinar unha muller en Pontevedra

Un axente e un vehículo da Policía Nacional (Foto: Policía Nacional).
A vítima, de 33 anos, e o agresor coñecíanse, pero non mantiñan unha relación sentimental, segundo a Policía Nacional.

Un home foi detido na madrugada desta segunda feira tras supostamente matar unha muller cunha arma branca en Pontevedra.

Tal como informaron fontes da Policía Nacional, os feitos producíronse entre as localidades de Marín e Pontevedra, no lugar de Cunchidos, na zona de Estribela.

Segundo as mesmas fontes, a vítima, de 33 anos, e o agresor coñecíanse, pero non mantiñan unha relación sentimental.

Detención

O home foi detido pola Policía Local de Marín esta madrugada e atópase nos calabozos de Pontevedra.

No lugar traballa a Policía Científica para esclarecer o ocorrido.