Detido por asasinar presuntamente a súa irmá e a súa sobriña en Soutomaior

Garda Civil

A Garda Civil detivo esta sexta feira un home como presunto autor do homicidio da súa irmá e a súa sobriña no municipio de Soutomaior.

Os axentes acudiron a unha vivenda de Monte Coello, en Soutomaior, tras ser alertados por unha testemuña ao redor das 15,15 horas e atoparon os corpos sen vida de dúas mulleres, nai e filla, con feridas de arma de fogo.

Ademais, xa foi detido o irmán da maior das mulleres, un home de 52 de idade, como suposto responsable do homicidio de ambas.

A Garda Civil está a investigar as circunstancias que rodean ao crime.