Detida en Madrid a parella da muller asasinada na Coruña

J.R.G.G ten antecedentes por violencia machista.

A Policía detivo a última hora desta quinta feira en Madrid a parella da muller asasinada no seu domicilio na Coruña, segundo precisaron a Europa  Press fontes da Subdelegación do Goberno.

J.R.G.G, de 49 anos de idade, ten antecedentes por violencia machista en relación a outras dúas mulleres.

O corpo da muller, de 52 anos, foi atopado polo seu fillo antes das dúas da madrugada cando este regresou do traballo. Foi el quen alertou a Policía Nacional, que se desprazou ao lugar dos feitos. Pouco despois comezou a procura da parella da vítima, de 48 anos.

A muller rexentaba unha panadería na zona do Birloque onde se produciron os feitos, en concreto no quinto piso do número cinco da rúa Juan  Darriba, onde residía.

Tanto veciños como a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, ratificaron que entre a parella, que, segundo algúns residentes na zona levaban poucos meses xuntos, houbo unha discusión en días previos.