A cifra total de usuarias de residencias coa Covid é de 513

Detectánse 44 novos casos na residencia Doral de Mos

Imaxe de arquivo dun Centro de Día na Mariña. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Os casos positivos nas residencias de maiores e de persoas con discapacidade van á alza e sitúase xa por riba do medio milleiro de pacientes. Durante a xornada do domingo a residencia Doral de Mos comunicaba 44 novos positivos.

Xa hai máis de 500 positivos de Covid-10 nas residencias de maiores, segundo os datos ofrecidos pola Consellaría de Política Social. A cifra total é de 513 persoas usuarias destes centros, 29 máis que na xornada de onte.

Esta alza débese aos 44 novos casos detectados na residencia Doral na localidade de Mos, que se convirte outra vez, con 139 persoas contaxiadas, no centro más afectado pola pandemia, e supera o Asilo de Vilalba, que se mantén en 117 persoas enfermas da Covid-19.

Ademais, na residencia Doral de Mos notificou 10 contaxios máis durante a xornada de hoxe, entre persoas usuarias da residencia de discapacidade, na que hai 13 novos positivos entre o persoal traballador. En total, o complexo ten 166 contaxiados no centro de maiores, 139 usuarios e 27 traballadores, e outros 40 na residencia para persoas con discapacidade, 27 usuarios e 13 empregados.

Os datos da consellaría reflicten un aumento de 29 casos nos centros de maiores.

Aos 44 positivos en Mos haille que descontar 14 altas por dar negativo na PCR, entre o centro San Miguel de Silleda, con dúas altas , Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, con outras dúas, DomusVi A Coruña, cunha alta e a residencia de Salvaterra, con nove altas.

Na residencia Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia hai que lamentar o falecemento dunha muller de 86 anos.

De este modo, ademais dos centros de Mos  e do Asilo de Vilalba, as residencias con maior número de casos son a DomusVi Ribadumia, con 44 persoas enfermas coa Covid-19, a Ballesol de Vigo, con 39, a residencia San Cibrao de Cervo, con 21, e a de Salvaterra do Miño, con 18.

No que se refire ao persoal traballador das residencias, o casos totais descenden en 21 e sitúanse en 220 positivos. A esta conta hai que sumarlle un novo caso detectado na residencia San Olalla de Boqueixón, e réstanse 22 casos entres o persoal de Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, DomusVi Ribadumia, Doral e Virgen de Guadalupe.

Tamén neste caso é o centro Doral de Mos o principal foco de Covid-19 entre os cadros de persoal con 27 positivos. Ségueno as residencias DomusVi Ribadumia, con 20 infectados; Nosa Señora dos Miragres de Barbadás, con 21; Nosa Señora ds Virtudes de Pontedeume con 19; a mesma cifra que a do Asilo de Vilalba.

Os contaxios en centros de atención a persoas con discapacidade suben a 47, o que supón 10 máis que o sábado. Entre os traballadores deste tipo de centros hai 19 positivos, cunha subida de 10 casos desde os datos referidos na xornada de onte.