Detectan o almacenamento ilegal de case 600 quilos de explosivos nunha pirotecnia en Catoira

Protesta veciñal contra a instalación dunha pirotecnia en Catoira. (Foto: Concello de Catoira)

O estabelecemento vai ser precintado

O Concello de Catoira (comarca de caldas) precintará este mes o galpón dunha pirotecnia tras detectar uso e almacenamento de máis de 579 quilos de material explosivo a pesar de telo prohibido desde febreiro de 2024.

Segundo informou o Concello, alcalde da localidade, Xoán Castaño, remitiu á Fiscalía un informe sobre posíbel desobediencia para iniciar as actuacións legais correspondentes.

A empresa, Pirogal, perdeu "todas as vías legais" para manter a instalación na parroquia de Dimo e a sentenza ordena a demolición do galpón.

Desta forma, o precintado, que será o día 19 de setembro ás 10.00 horas, estará coordinado coa Garda Civil e permanecerá ata resolver a legalización de obras e a execución de derriba.