Detectan 10 positivos na DomusVi de Oleiros e 12 novos contaxios no foco da residencia de Ribadumia

Residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei (Carlos Castro / Europa Press)
Os usuarios con COVID-19 suman 415 e os traballadores 255.

A situación nas residencias de maiores segue empeorando co avance da pandemia. Os casos entre os usuarios redúcense a 415 nestes centros, un cinco menos que este domingo, aínda que se detectou un brote na Domus Vi Coruña de Oleiros cunha decena de afectados (nove deles residentes) e 12 novos contaxios que se suman á Domusvi Ribadumia, a maioría traballadores.

A residencia de Oleiros, pola súa banda, presenta nove usuarios afectados e un traballador, mentres que o centro de Ribadumia conta cun novo residente e 11 empregados contaxiados.

O balance de casos facilitado pola Consellería de Política Social cifra en 14 os novos positivos confirmados entre os residentes en centros de maiores. Ademais de Oleiros e Ribadumia, o resto de contagios detectouse en Orpea Lugo (un caso) e Viana do Bolo (tres).

Os centros de Salvaterra do Miño e Nosa Señora dos Milagres de Barbadás presentan a situación máis grave entre os residentes, con 85 e 81 usuarios positivos.

Tamén destaca o balance na Domus Vi de Ribadumia, que conta con 59 contaxios, A Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia con 34 e A Nosa Señora das Virtudes (Pontedeume), con 24 residentes afectados.

Doutra banda, tamén se detectaron novos contaxios entre os traballadores das residencias de maiores.

En concreto, na Domusvi Coruña Oleiros (1), Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume (2), a Domus Vi de Chantada (1), residencia da Veiga en Láncara (1), A nosa Señora Valvanera de Cambados (tres), CRAPD 1 de Vigo (un) e DomusVi de Ribadumia, con 11 novos positivos.

A incidencia de contagios afecta a un total de 255 empregados destes centros, sobre todo en Nosa Nosa Señora dos Milagres (Barbadás), que conta con 46 positivos entre os seus traballadores; a de Salvaterra con 27, Os Gozos de Pereiro de Aguiar (con 26) e a Domus Vi de Ribadumia, con 19.

Centros de discapacidade

Os centros de atención á discapacidade, pola súa banda contan con 32 usuarios con positivo por COVID-19. En concreto na Adultos Pai Menni de Betanzos (1), o Centro Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña (1) a Ricardo Baró de Aspronaga de Oleiros (1) a DomusVi de Bóveda (24), o San Vicente de Paúl de Lugo (4) e Chapela, en Redondela (1).

Tamén hai 26 traballadores afectados na Souto de Leixa (1), Aspanaes das Pontes (1), Domusvi Bóveda (17), San Vicente de Paúl de Lugo (3), Domingo Gómez Freire de Ourense (1), Santa María de Ourense (1), Chapela (1) e Residencia Dano Cerebral Adquirido de Vigo (1)