Detectados tres positivos por Covid en Arzúa

(Foto: Iñaki Berasaluce / Europa Press)

Teñen vínculos familiares.

Os servizos sanitarios manteñen en illamento domiciliario a tres persoas que deron positivo nas probas de Covid-19 na localidade de Arzúa. Os afectados teñen vínculos familiares e a orixe do virus é importanda.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da área sanitaria de Santiago e Barbanza, trátase dun caso importado por un dos afectados que, á súa vez, infectou a dous familiares. A orixe estaría en vínculos entre os afectados e Cataluña.

As tres persoas atópanse en illamento e seguimento domiciliario e non precisaron ingreso. Do mesmo xeito, os servizos sanitarios realizaron xa o rastrexo de contactos dos positivos e ningún deles presenta a enfermidade, destacaron, polo que a transmisión considérase cortada.