Detectado en Arzúa un novo repunte de coronavirus con seis casos

Unha muller colócase unha máscara (Foto: Iñaki Berasaluce Europa Press)

Sergas fala dun foco "localizado e pechado", no que se desbota transmisión local.

Os servizos sanitarios detectaron un novo brote familiar, con seis casos positivos, no concello de Arzúa, unha área na que hai pouco máis dunha semana detectáronse tres casos, tamén con vínculos familiares, mais que non teñen relación con estes últimos.

Segundo informaron a Europa  Press fontes da área sanitaria, este brote afecta a seis casos positivos, todos eles da mesma familia. Trátase dun foco "localizado e pechado", no que se desbota transmisión local.

Dáse a circunstancia de que na mesma área, concretamente no veciño cocnello de Melide, detectouse hai pouco máis dunha semana un foco con tres casos positivos, tamén con vínculos familiares e importado.

Con todo, fontes sanitarias apuntaron que os dous focos non teñen relación entre eles.

En todos os casos procedeuse a illar ás persoas con  PCR positiva así como aos seus contactos directos, que xa foron rastrexados, polo que os focos se consideran pechados.