Denunciado un home en Lugo que portaba na vía pública un martelo-machete de cociña e un coitelo

(Foto: Europa Press)
Foi localizado tras varias chamadas de cidadáns, alertados ao ver que levaba o que parecía un machete.

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron un home que portaba varias armas na vía pública, e que foi localizado tras varias chamadas de cidadáns, alertados ao ver que levaba o que parecía un machete.

Segundo informaron fontes policiais, dúas dotacións do 092 desprazáronse atéa rúa Bispo Aguirre, comisionadas pola presenza dun home con armas brancas.

Ao chegar á zona, os axentes localizaron un individuo cuxas características coincidían coas achegadas polos requirentes, polo que se procedeu o seu cacheo. Deste modo, os funcionarios comprobaron que levaba encima un martelo-machete de cociña, que lle foi intervido.

Así mesmo, entre a roupa e a perna, o home gardaba un coitelo de cociña, que tamén foi requisado. Por estes feitos tramitouse denuncia por infracción da lei de protección da Seguridade cidadá.