“Democracia e liberdade”: convocadas na Galiza mobilizacións pola sentenza do 'Procès'

Terán lugar ás 20:00 horas en diversas cidades e vilas galegas no día que se publique a resolución xudicial contra os e as líderes independentistas cataláns xulgados polo Tribunal Supremo.

En poucos días o Tribunal Supremo dará a coñecer a sentenza do xuízo a 12 líderes do proceso independentista catalán, con penas que poden chegar até os 25 anos de prisión para algún deles. A Plataforma Galiza con Catalunya está a preparar a resposta no noso país a esa sentenza e convoca unha serie de concentracións a realizar baixo o lema 'Democracia e liberdade'.

As concentracións serán ás 20:00 horas do día en que se publique a sentenza, que previsibelmente será esta quinta ou sexta feira. Os maxistrados e maxistradas do Tribunal Supremo comezaron esta segunda feira as súas deliberacións, que se prolongarán esta terza. Teñen unha data límite para emitir a resolución: 14 deste mes (vindeira segunda feira)

Mobilizacións convocadas (todas ñas 20:00 horas):

Vigo, Farola de Urzáiz

A Coriña, Subdelegación do Goberno

Compostela, Praza do Toural

Ferrol, Praza Amada García

Ourense, Subdelegación do Goberno

Pontevedra, Praza da Peregrina

Lugo, Praza Maior

Burela, Praza da Mariña