Defensor del Paciente pide á Fiscalía que investigue a situación das residencias de maiores

residencia maiores San Lázaro Compostela está xestionada por DomusVi (Foto Arxina).

A asociación o Defensor del Paciente pediu á Fiscalía da Galiza que investigue a situación das residencias de maiores ante o elevado número de casos e falecidos con coronavirus nas últimas xornadas.

Nun comunicado remitido aos medios, a entidade que preside Carmen Flores insta o ministerio público a "depurar responsabilidades" en todos os casos nos que se produciron "irregularidades graves" cos anciáns.

A asociación censura que as residencias "nin contratan nin pon os medios" necesarios para garantir cuestións como a intimidade ou a dignidade.

O Defensor del Paciente sinala que a súa petición de investigación á Fiscalía "está fundamentada" no artigo 262 da Lei de axuiziamiento criminal que apela a denunciar os delitos dos que tivesen coñecemento.