A CXT denuncia falta de reforzo en 49 trens no Eixo Atlántico Vigo – A Coruña
O sindicato apunta a que aumentou a demanda de viaxeiros.
O sindicato CXT denuncia falta de reforzo en 49 trens no Eixo Atlántico Vigo – A Coruña, "aínda que a demanda de persoas viaxeiras aumentou en 2024 nos servizos de media distancia da Galiza no corredor".
Así, sinala que Renfe "ofertou un menor número de prazas durante o terceiro cuadrimestre de 2024 con respecto ás ofertas no primeiro semestre de 2024 e 2023".
Ademais, sostén que "algúns trens que circularon en dobre composición nos anos 2022, 2023 e de xaneiro a xuño de 2024 non foron reforzados a partir de setembro de 2024".
"O que ocasionou un descenso das prazas ofertadas entre A Coruña e Vigo, ocasionando que moitas persoas viaxeiras non atopasen prazas para poder facer a súa viaxe en ferrocarril", engade.