A Covid entra nunha residencia de maiores de Sarria e deixa 50 contaxios

A residencia de maiores Nosa Señora do Carme de Sarria (Google Maps)

Un total de 47 anciáns e tres traballadores están afectados. O número de casos neste tipo de centros a nivel nacional volveu ascender este domingo.

O cómputo global de usuarios de residencias de maiores con Covid-19 volveu ascender este domingo até o total de 466. O groso deste ascenso débese á detección dun surto no xeriátrico Nosa Señora do Carme de Sarria, con 47 anciáns e tres traballadores afectados.

Así o recolle o balance diario de casos elaborado polas consellarías de Política Social e Sanidade, actualizado a última hora deste sábado, 24 de xaneiro, onde figuran 69 novos casos de coronavirus entre os maiores destes centros.

Ademais dos de Sarria, engádense ao listado outros 11 anciáns de DomusVi Carballo, seis da Vivenda Comunitaria Sampedro II da Merca, dous na Vivenda Comunitaria Sampedro ─ambas as dúas pertencentes ao mesmo complexo─, un en DomusVi Laraxe de Cabanas, un en San José de Arzúa e outro na Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos..

De igual modo, retíranse do cómputo por se curaren da Covid outros 37 anciáns repartidos entre a residencia de Ribeira (11), DomusVi Vimianzo (10), Paz y Bien de Tui (5), DomusVi Carballo (3), San José de Arzúa (3), residencia da Pastoriza (2), residencia de Burela (1), o Hospital Asilo de Ribadeo (1) e o centro Santa Teresa da Cañiza (1).

Así mesmo, Sanidade notificou na noite do sábado o falecemento dunha usuaria do Hospital Asilo de Ribadeo, que obviamente tamén sae do balance da Xunta.

Tras estas variacións, as residencias do país contan cun total de 466 anciáns diagnosticados de Covid-19. O centro Quercus de Leiro ─intervido desde a sexta feira pola Xunta─ e a DomusVi Carballo son os principais focos, con 69 usuarios con coronavirus cada unha.

Seguen a estas a residencia de Ribeira, con 49 casos; a Nosa Señora do Carme de Sarria, con 47; o Fogar Santa María de Verín, con 36; Mi Casa de Pazos de Borbén, con 26 usuarios infectados; Paz y Bien de Tui, con 25; e a DomusVi Vimianzo, con 23.

Tamén contan con anciáns con coronavirus a San José de Arzúa (17), a residencia e os apartamentos da Pastoriza (13), o xeriátrico de Bande (14), a San Bartolomeu de Xove (10), a residencia de Vilardevós (9), o centro Virxe da Clamadoira de Muíños (8), O Casón de Moeche (6), a Vivenda Comunitaria Sampedro II da Merca (6), o centro Santa Teresa Jornet da Coruña (5) e o Hospital Asilo de Ribadeo (5).

Con catro usuarios con Covid están a Vivenda Comunitaria Vilar de Santos e Las Angélicas de Vigo; con tres, a Vivenda Comunitaria Sampedro da Merca; con dous, DomusVi Laraxe, a residencia San José de Ourense, a Campolongo de Pontevedra e a Stella Maris de Nigrán; e cun caso cada unha, a Ballesol da Coruña, Mi Casa de Ferrol, DomusVi San Lázaro de Santiago, a San Simón de Teo, a de Burela, DomusVi Monforte, o xeriátrico do Incio, o Fogar Blanco Amor de Boborás, Nuestra Señora de Los Dolores de Forcarei e o centro Moledo de Vigo.

Traballadores infectados

En canto aos traballadores das residencias galegas, baixa o total de infectados até os 218 logo de 10 positivos e 12 altas nas últimas horas.

Dos novos contaxios entre os empregados, tres correspóndense co brote de Nosa Señora do Carme de Sarria, doua coa residencia de Bande, un coa Vivenda Comunitaria Sampedro II, un na residencia Bribes de Cambre e outro en Padre Rubinos A Coruña. Por parte das altas, catro son da Paz y Bien de Tui, outras catro do xeriátrico de Ribeira, unha con DomusVi Vimianzo e outra coa Santa Teresa Jornet da Coruña.

Segundo o último balance da Xunta, o persoal laboral máis afectado continúa a ser o da de Paz y Bien de Tui, con 28 positivos; seguida de DomusVi Carballo, con 21; Quercus de Leiro, con 15; DomusVi Vimianzo, con 13; e San José de Arzúa, San Bartolomeu de Xove e Fogar Santa María de Verín, con 10 traballadores con Covid cada unha.

O resto de centros que figuran na listaxe ten menos dunha decena de casos entre os empregados.

Centros de discapacidade

Nos centros de atención á discapacidade (CAPD), o balance deste domingo rexistra 81 usuarios infectados tras dous novos positivos no centro Pai Menni de Betanzos. Estas instalacións continúan como as máis afectadas, cun total de 49 casos.

Tamén conta cun importante surto o centro Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey de Crecente, con 29 usuarios contaxiados. A estes súmanse os casos individuais na residencia Imserso de Bergondo, en Ricardo Baró de Oleiros e na DomusVi Bóveda.

En canto aos traballadores destas instalacións, o cómputo mantense en 38 afectados: 20 en Pai Menni, seis en Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey de Crecente, tres na residencia Imserso de Bergondo e dous na Aspace de Sada, os mesmos que hai na Domusvi de Bóveda.

Ademais, hai un caso en el CAPD da Coruña, outro na Casa Lamastelle de Oleiros, así como na Aseme de Chantada, a Ricardo Baró e la San Vicente de Paúl de Lugo.