A Covid-19 en mulleres embarazadas pode provocar parto prematuro

A infección perinatal polo novo coronavirus, coñecido científicamente como SARS-CoV-2 e causante da enfermidade chamada Covid-19, pode ter efectos adversos sobre os bebés, como perda de benestar fetal, parto prematuro, distrés respiratorio ou trombocitopenia, acompañada da alteración da función hepática e incluso a morte.

Así o indica o Ministerio de Sanidade nun novo documento científico-técnico sobre Covid-19, no que embra que, a pesar deste achado, hai "moi poucos datos dispoñiíbeis" das mulleres embarazadas infectadas polo novo virus e que parece que " non son máis susceptíbeis” de padecelo, como o confirma o feito de que hai máis homes que mulleres afectadas por Covid-19.

De feito, e tras revisar os traballos publicados até a data sobre mulleres embarazadas, o departamento dirixido por Salvador Illa asegura que a pneumonía nelas non parece "ser máis grave" que no resto da poboación e que "non hai probas de que "o virus se transmite” cando a infección se adquire durante o terceiro trimestre de embarazo.

Porén, é probábel que a infección perinatal poida ter efectos negativos sobre os que acaban de nacer, como adistrés respiratoria, a prematuridade, entre outros problemas mencionados anteriormente.

É, polo tanto, un dos grupos en risco de desenvolver unha enfermidade grave de Covid-19, como son as persoas maiores de 60 anos, pacientes con enfermidades cardiovasculares e presión alta, diabetes, enfermidades pulmonares crónicas, cancro. e inmunosupresión.

O documento elaborado polo Ministerio de Sanidade indica a importancia da resposta inmune ao virus xa que, ademais de xogar un papel clave na cura, apoia a posibilidade de xerar unha vacina que protexa contra a enfermidade. Esta vacina reproduce a resposta inmune xerada por persoas que se infectan e curan.

Ademais, e respecto á interacción do novo coronavirus co sistema inmunitario, Sanidade informa que as observacións clínicas suxiren que cando a resposta inmune non é capaz de controlar eficazmente o virus, como ocorre en persoas maiores cun sistema inmune debilitado, o o coronavirus espállase "de forma máis eficaz".