Covid-19: os casos activos volven descender a 443

Certificado Covid (Foto: Úrsula Prego).
A maior parte dos casos (141) son da área da Coruña-Cee.

A incidencia da Covid-19 na Galiza segue en caída. Segundo o último informe publicado pola Consellaría de Sanidade, con datos recadados até as 18 horas do sábado, os casos activos descenden a 443 (oito menos que na xornada anterior).

Por áreas sanitarias, á cabeza está A Coruña-Cee con 141 (-6), seguida de Vigo, con 80 (sen cambios); Compostela-O Barbanza, con 71 (-2); Ourense-Verín-O Barco, con 60 (-5); Lugo-A Mariña-Monforte, con 45 (-1); Pontevedra-O Salnés, con 33 (+5), e Ferrol, con 13 (+1).

Así as cousas, os novos contaxios volven minguar até os 26 (-2), e a taxa de positividade fica en 0,51%.

Até o momento practicáronse no país 2.870.309 probas PCR, deixando máis de 180.000 positivos.

No que atinxe á presión hospitalaria, soben a oito as persoas ingresadas nas unidades de críticos (+1) e fican 27 en planta (sen cambios).

Desde o inicio da pandemia faleceron na Galiza diagnosticadas coa Covid-19 2.646 persoas.

Fronte a iso, 179.685 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse en toda Galiza desde o comezo da crise sanitaria, que representan 34 máis que as contabilizadas até o día anterior.