Unha corta de eucaliptos en Paderne dana dous enterramentos megalíticos

A asociación Roxín Roxal si que as mámoas de Porto dos carros e Cal do Pico foron afectados por esa actuación.

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal denuncia os danos sufridos por varios enterramentos megalíticos afectados por unha corta de eucaliptos nas parroquias de Adragonte e Vigo, en Paderne, na comarca de Betanzos. Estas mámoas, explican, son as de Porto dos Carros e Cal do Pico e estaban sen catalogar “e non aparecen polo tanto no PXOM municipal nin nos rexistros autonómicos”.

 

En Porto dos Carros e Monte da Rampla 1 a corta de eucaliptos foi recente e produciu “danos evidentes. A segunda destas mámoas xa se atopaba parcialmente destruída pola construción dunha estrada”.

 

Roxín Roxal explica que estes monumentos megalíticos foron descritos polo Grupo de Arqueoloxía Terra de Trasancos e dados a coñecer no Anuario Brigantino de 2015. Atópanse nunha zona rica en xacementos, próxima ao núcleo de mámoas do Monte de San Antón, co que fan conxunto. “Estas últimas mámoas, ao contrario que as de Paderne, atópanse coidadas e visibles nunha zona onde se combinan as explotacións forestais e gandeiras”.

 

Roxín Roxal dirixirase aos responsábeis da xunta e Concello para que estes elementos patrimoniais sexan catalogados e postos en valor.