Controlado o incendio de Rodeiro mentres permanece activo outro na Gudiña

Varios bombeiros no operativo que trata de atallar o incendio de Pantón, a quinta feira 18 de setembro. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
O de Rodeiro está controlado desde as 8.20 horas desta segunda feira, mais non o da Gudiña.

A Consellaría do Medio Rural informou esta segunda feira de que o incendio declarado este domingo no municipio de Rodeiro (O Deza) xa se deu por controlado e que se declarou outro na Gudiña (comarca de Viana).

Segundo indica o departamento, o de Rodeiro está controlado desde as 8.20 horas desta segunda feira. Iniciouse ás 14.26 horas do domingo e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 29 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse dous técnicos, sete axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, dúas pas, seis helicópteros e seis avións.

Por outra parte, declarouse un incendio no municipio da Gudiña, na parroquia de Parada da Serra. O incendio iniciouse este domingo ás 19.45 horas. Para a súa extinción mobilizáronse cinco axentes, 10 brigadas, sete motobombas e unha pa. Segundo Medio Rural, este lume quedou controlado ás 14 hroas desta segunda feira, após calcinar unha superficie aproximada de 60 hectáreas.